MANUEL MOLINOS DIRECTOR
Imagen
MANUEL MOLINOS DIRECTOR
   
CORAL POLIFÓNICA TRASDEZA (SILLEDA, Pontevedra)
MANUEL MOLINOS DIRECTOR
XUNTA DIRECTIVA e MEMBROS DE HONRA
MEMBROS CANTORES
REPERTORIO 2014
ILUSTRACIÓNS
XXII TARDES DE PRIMAVERA Programa

AMIGOS PROTECTORES DA CORAL
Imagen
É o seu director dende a data da súa fundación. Home clave e alma mater de agrupación. Nacido na parroquia viguesa de Candeán comezou a súa andadura musical na música tradicional compaxinando os seus estudios de trompeta no Conservatorio Superior de Música de Vigo coa súa participación en grupos musicais da zona.

Posteriormente, realiza Estudios de Vento-Metal con José Ortí Soriano, trompeta solista da Orquestra Nacional de España, e diveros cursos de dirección de banda e coro con Pedro Pirfano e Jan Van der Roost, de música de cámara con Martin Maas e de análise de repertorio bandístico con Hardy Mertens.
Dende o ano 1.988 ata o 1.993 dirixe a Banda de Música Municipal de Silleda, logrando formar un colectivo musical de xente nova, puxante e educada dende a base. Na mesma etapa participa en diferentes ocasións como director invitado na Banda Municipal de A Estrada, Unión Musical de Ponteledesma e Municipal de Ramirás ( Ourense).

Xa no ano 1.989 entra, por primeira vez, no mundo das corais dirixindo e axudando a crear no aspecto artístico, a Coral Polifónica Trasdeza. Tamén entre os anos 1995 e 1999 dirixe a Coral "Alborada" de Cabral.

Dentro dos seus diversos Traballos de Composición para Coro e Banda, destacar a "Cantiga a Silleda"; os cantos de nadal "O pobo que cantaba na escuridade viu unha grande luz", "Panxoliña de Trasdeza", “ Soñando cunha peregrinaxe a Belén” e Noite Máxica. Tamén hai que salientar a harmonización de temas de estilo variado sobre a base doutros, como: "El Peregrino", "El Pecador", "Vinde Galeguiños Vinde", Meus Amores, “Pange Lingua” “ Elsa”,"Eres Tú", "Los Cuatro Muleros", "Mulher Rendeira", “e os relixiosos, "María" e un "Padrenuestro". Nos últimos cinco anos e de subliñar o importante xiro que lle deu á maneira de expresarse a Coral, harmonizando temas dos anos setenta dos grupos máis representativoso do folque galego, Saraibas e Fuxan os Ventos, con obras tan simbólicas como “ Meu amor e Mariñeiro”,”O Aradiño” e “Nación”.

Na actualidade compaxina o seu traballo de Director da Coral coa dirección da Banda Municipal de Noia e coa de profesor de vento-metal e de harmonía no Conservatorio Profesional de Redondela.